As Pontes, 9 de abril| Dende a ECOescola das Campeiras comunicámosvos que a actividade da Capitana Gemola “Ou reciclas ou lapotes!!” que en principio estaba programada para este sábado, 14 de abril sufre unha pequena modificación de data por solapamento con outras actividades. Así que se celebrará o sábado 28 de abril ás 17:30 h. A Capitana Gemola visitará a ECOescola das Campeiras coa súa actividade “Ou reciclas ou lapotes!!”. Levaranse a cabo varios xogos e un contacontos para achegar a nenas e nenos a cultura da reciclaxe e do respeto ao medio ambiente. Ademais a Capitana Gemola agasallará ás pequenas e pequenos cun recordo feito de materiais reciclados.

Esta actividade está plantexada para nenas e nenos de entre 3 e 10 anos e terá lugar o sábado, 28 de abril ás 17:30 h. na ECOescola das Campeiras (duración aproximada 1 hora).

Apúntate!

Inscrición é máis información no 673 240 434 ou a través do correo [email protected]