As Pontes súmase á iniciativa da UE denominada “Semana Europea da Mobilidade”

156

O Concello das Pontes súmase á iniciativa da UE denominada “Semana Europea da Mobilidade”, que se celebrará do 16 ao 22 de setembro. Trátase dunha campaña de concienciación dirixida a sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sostibles como o transporte público, a bicicleta ou os viaxes a pé.

Esta iniciativa xurdiu en Europa en 1999 e a partir do ano 2000 contou co apoio da Comisión Europea. Celébrase cada ano, do 16 ao 22 de setembro, realizando actividades para promocionar a movilidade sostible e fomentando o desenvolvemento de boas prácticas e medidas permanentes.

Durante a vindeira semana organízanse as seguintes actividades:

* Andainas con saída ás 20.30h diante da Casa do Concello, o luns 18, mércores 20 e venres 22, organizadas polo Clube Atletismo Olympo. Para inscricións contactar no 639708086, 673240434 ou 673240485.

A maiores, destácanse as seguintes obras de mellora da accesibilidade urbana, acometidas polo Concello das Pontes neste ano 2017:

  • Mellora de accesibilidade e pavimentos en Rúa Castelao.
  • Acondicionamiento e melloraora da Rúa Alexandre Bóveda.
  • Obras de Accesibilidade e Pavimentación na Rúa Rosalía de Castro.
  • Melloras de accesibilidade en pasos peatonais das rúas:
    • Avda. As Campeiras.
    • Rúa Juan Antonio Suances.
    • Rúa Rita Rivera Chao.
    • Rúa Saúde.
    • Rúa Ourense.
    • Rúa Virxe da Luz