Un grupo de 25 persoas visitaron onte as instalacións da empresa Biomasa Forestal, dedicada á fabricación de pellets para uso doméstico e industrial. As persoas asistentes desfrutaron coas explicacións de María Vázquez, xefa de planta, que mostrou as diferentes fases do proceso produtivo, como son o descodiado, cortado, secado, moído, pelletizado e ensacado.

Despois de rematar a visita ás instalacións da empresa, o grupo percorreu os puntos máis representativos do patrimonio histórico-industrial das Pontes. O contraste da paisaxe rural-industria que ofrece a Vilabella, a mina e o lago, o Poboado das Veigas e a Fábrica da Luz, serviron de escenario ideal para comprender a historia contemporánea do municipio.

As visitas guiadas do proxecto “As Pontes Experiencia Industrial” continúan o venres 24 coa visita a Einsa, o mércores 29 a Delicias Coruña e o venres 31 a Acebrón Group. As persoas interesadas poden anotarse no email [email protected], chamando ao 608201251, en persoa no PIT do lago ou no Concello (IPPEC).