As obras que continúan a desenvolverse no casco urbán están a incidir no tráfico rodado nestes días

58

As Pontes, 30 de novembro| As obras que continúan a desenvolverse no casco urbán están a incidir no tráfico rodado nestes días.

No caso da Avda da Habana están a rematar xa os traballos de saneamento, que permitirán restablecer o tránsito de vehículos con normalidade.

Canto á Avda de Castelao volvía ter que regularse o tráfico para acometer con seguridade as obras de remozado do muro do Colexio Santa Mª e da beirarrúa que o rodea.

Como resultado, estase a poñer un mesmo firme que en toda a zona para unificar todo o treito que vai ata a Praza do Carme. Aproveitouse tamén para retranquear o muro axeitándoo ó novo deseño de beirarrúa, que que se ampliou e acondicionou en aras dunha maior accesibilidade e buscando a uniformidade co entrono.

De calquera xeito o tráfico tan só se suspende cando cadra coa realización dos traballos na xornada laboral e por motivos de seguridade, como se fixo xa para retirar o pavemento.

A Concelleira de Participación cidadá, Montserrat García, apuntaba que “Estas obras van na liña de remozado de todo o centro urbán e a beirarrúa vai quedar uniforme co mesmo material e accesibilidade ata chegar á Praza do Carme.

Evidentemente estas obras supuxeron o movemento de operarios e maquinaria que afectaron ó tráfico. Pero cumporíronse as nosas premisas de afectar na menor medida posible, e tan só se regulou, ofrecendo vías alternativas ben sinalizadas, ou alternando os carrís. Sempre se fai só en horario laboral e exclusivamente en función de que así o requira unha determinada acción puntual”.

E no Paseo da Constitución si houbo que cortar o tráfico nos últimos días, pero xa hoxe quedaba aberto de novo. Estívose a colocar un novo aglomerado nos badéns, que se remozaron por completo, dotándoos dun novo aglomerado e tamén se fixeron dous novos pasos de cebra elevados para acceso á zona do circuito de karts. A estrada, xa aberta, someteuse tamén a un rebacheado.

No circuito de karts colindante, tamén marcha con bo ritmo a adecuación do antigo edifício do punto limpo para destinalo ó novo uso para servizo do circuíto.

Neste treito que comunica cos accesos a zonas de tránsito coma os institutos, o cemiterio ou o campo de rugby, xa se pode volver circular, logo de que esta semana houbese que desviarse por roitas alternativas.