Home As Pontes Aprobadas as obras de ampliación da DP-1802 ao seu paso polas parroquias de Goente e A Faeira

Aprobadas as obras de ampliación da DP-1802 ao seu paso polas parroquias de Goente e A Faeira

Aprobadas as obras de ampliación da DP-1802 ao seu paso polas parroquias de Goente e A Faeira

As Pontes, 3 de maio| Unha vez aprobadas, e agora xa publicada oficialmente, en breve van comezar as obras de ampliación e mellora da estrada provincial DP 1802 de Veiga de Cabana a As Pontes, entre os PK 0+000 e o 8+808.

Afróntase así este anceiado e importante proxecto, que permitirá anchear e mellorar a seguridade nos 8,8 primeiros quilómetros do vial, que decorre polos núcleos de Goente e A Faeira, onde a plataforma será ampliada ata obter unha plataforma de 7 metros de ancho e arcéns de medio metro, o que contribuirá a mellorar a seguridade tanto da circulación coma dos peóns.

As obras incluirán tamén a construción dun sistema de drenaxe e recollida de pluviais, a completa renovación do pavimento da estrada e a instalación de nova sinalización horizontal e vertical.

O alcalde de As Pontes, e presidente da Deputación visitaba hoxe a zona e amosaba a sua satisfacción polo inminente inicio dos traballos.

É unha estrada moi empregada como vía para comunicación dos veciños e tamén de paso para moitos conductores e, por iso, se apostou decididamente por unha obra que vai permitir mellorar o seu uso en condicións de seguridade, e atendendo así a unha vella demanda que fomos atendendo por fases segundo fomos contando coas dotacións precisas e, que agora, completamos definitivamente”.

Esta actuación vai contemplar tamén o ancheamente da zona máis perigosa do trazado, a Ponte de Rebardille, que está considerada un punto negro por mor do estreito dun paso que cadra en curva.

E debemos sinalar tamén, que nos primeiros 281 metros da estrada, onde a DP 1802 entronca coa estrada principal AC-664, que conecta Cabanas e As Pontes, executarase unha senda peonil elevada, de dous metros de ancho, que descorrerá pola marxe esquerda da calzada.

Con esta actuación, preténdese garantir a circulación dos viandantes en condicións de seguridade axeitadas.

X