Aberta ao tráfico a Avda de Vilalba

217

As Pontes, 8 de xuño|Este mediodía quedaba aberta xa ao tráfico a Avda de Vilalba logo de acometer as obras destinadas ó seu aglomerado.

Dende o Departamento Municipal de Obras do Concello programábase esta actuación para procurar a menor afectación posible ós veciños e veciñas, e finalmente cumpríuse a previsión de tan só un día de peche ó tráfico rodado na rúa mentada.

Unha vez efectuado o aglomerado agora estanse a acometer melloras para encaixar co novo firme as tapas do alcantarillado, anque xa se fai coa circulación aberta, e posponse para unha nova ocasión o pintado, o que se fará en menos de quince días.

Sempre en aras dun traballo áxil e que supoña as menores molestias posibles ós usuarios, planificarase esa data de pintado para podelo desenvolver á menor brevidade posible e con reapertura inminente.

Outra actuación de renovación de aglomerado no casco urbán fíxose na Rúa Xermade, onde se remataba tamén este mediodía, e tamén se reabríu xa para o paso de vehículos, e esta tarde acababa o novo aglomerado na Rúa Cuveliña.

Seguiranse as mesmas pautas para os labores de pintado.

Agora comezarase, xa mañá coa dotación de novo aglomerado á Rúa Cobelos ata Marraxón