Home Cultura A CASA DOPESO ACOLLE A EXPOSICIÓN XII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

A CASA DOPESO ACOLLE A EXPOSICIÓN XII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

A CASA DOPESO ACOLLE A EXPOSICIÓN XII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

 

As Pontes, 4 de xullo de 2019.  O soto da Casa Dopeso acollerá, desde o 5 ao 29 de xullo, unha mostra, organizada pola Deputación da Coruña, das obras seleccionadas no XII Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas, un galardón que ten como fin pór en valor e axudar a difundir a artesanía de Galicia sendo un referente para todos os artesáns galegos.

A exposición, que se pode visitar en horario de mañá, reúne un total de 37 pezas dunha gran variedade de disciplinas como a xoiaría, a cerámica, a escultura ou a costura. Pezas que foron seleccionadas polo xurado desta edición do certame, composto por Pablo Carpintero, Lidia Nieves Domínguez, Daniel López Abel, Elena Bangueses e Idoia Cuesta.

Destacan entre as obras, as pezas gañadoras do certame na súa modalidade Tradicional: “Un sapo, unha muller” de Carla Canedo Martínez, e na modalidade Contemporánea: “E miraremo-las ondas. Once cantigas do mar de Vigo” de Rosa Fernández Iglesias e Mª del Carmen Villalba Caramés. 

Carla Canedo Martínez, unha nova artesá, fai protagonista da súa obra: o “sapo” que é a peza máis importante da xoiaría tradicional do século XVIII e cunha coidadosa calidade técnica recupera o seu valor para o século XXI. O obradoiro de xoiaría de Carla é garante da continuidade do poderoso traballo artesanal da cultura galega.

Desde o Obradoiro Penumbra, Rosa Fernández e M.ª del Carmen Villalba, fixéronse co primeiro premio na modalidade contemporánea presentando un exquisito traballo de encadernación dunha das obras máis representativas da cultura galega.

X