A campaña de doazón de sangue chega a As Pontes

31

As Pontes, 7 agosto de 2018. O Concello de As Pontes súmase, un ano máis, á campaña de doazón estival promovida pola Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) para garantir as reservas de sangue nos hospitais galegos durante a época de verán.

Baixo o lema #súmatedoasangue, quere contribuír ás 500 doazóns que, cada día, precisan os centros hospitalarios galegos para atender os seus doentes e espera repetir o balance de doazóns rexistradas no municipio durante o ano 2017, e superar a taxa de 69 doazóns por cada 1.000 habitantes.

“As nosa taxa de doazón é unha das máis altas de Galicia, sitúase por encima da media galega (40 doazóns por cada 1.000 habitantes) e superamos tamén a recomendación da OMS que establece como media a seguir as 40-60 doazóns por cada 1.000 habitantes. Estás cifras poden mellorarse; facemos un chamamento a todos os veciños para que se unan a esta campaña e participen con este xesto solidario que tanto pode axudar na época estival, cando as reservas de sangue están especialmente baixas” subliñan desde o goberno local.

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada, na praza do Carme, os días 7 e 8 de agosto, de 10:00 a 14:30 horas e de 16:00 a 21:00 horas.