11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a nena na ciencia

29

As Pontes, 11 de febreiro|  O 11 de febreiro declarado o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia por Nacións Unidas ten como finalidade visibilizar o labor científica das mulleres e fomentar a vocación nas nenas.

Desde hai décadas estase a traballar a nivel internacional en coñecer e enmarcar a situación das mulleres na ciencia e conseguir a igualdade de xénero e oportunidades. Na actualidade, aínda que a porcentaxe de licenciadas e graduadas nas universidades españolas (en moitos casos, con mellores expedientes académicos) supera ao de licenciados e graduados, aínda existe ese “teito de cristal” que impide que as mulleres ocupen os postos máis altos da carreira científica, pese a ter méritos e recoñecementos suficientes.

Durante séculos a investigación científica e tecnolóxica foi realizada por e para os homes, tendo coma exemplo a mediciña, como ensaios clínicos realizados só aos varóns que non xeneraban a suficiente evidencia sobre o efecto dos fármacos nas mulleres, o non recoñecemento dos síntomas diferentes nas doenzas cardíacas nas mulleres, así como os diagnósticos erróneos nas mulleres.

Non pode existir unha investigación de calidade se non hai especialistas multidisciplinares e unha integración efectiva de xéneros. A investigación ten demostrado que o sesgo de xénero ten implicacións importantes para o contido da ciencia. A desigualdade de xénero conleva unha perda de oportunidades e erros cognitivos no coñecemento, tecnoloxía e innovación (Francisca Puertas Maroto, O papel das mulleres na Ciencia e Tecnoloxía).