Este xoves, 17 de marzo 2016, tivo lugar na Casa Dopeso unha xornada informativa sobre as inspeccións Tributarias e Laborais: Dereitos e Obrigacións do Empresario da man da concellería de Turismo, Hostalería, Comercio e Emprego, dirixida para o sector comercial e hostaleiro local.

Ana Pena recalcou a importancia de ofrecer a comerciantes e hostaleiros todas as ferramentas e recursos dos que dispón a administración local para, desta maneira, mellorar no seu traballo día a día e impulsar estes dous sectores que, a xuízo da edil, son fundamentais para a economía local.