As Pontes 17 de marzo de 2016| Comeza a preinscrición para a realización do exame de acceso libre para a obtención do CODIX.

Qué é o CODIX?

A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

A aula CeMIT de as pontes acollerá o exame para a obtención desta certificación o vindeiro día 28 de abril as 16:00 da tarde. A inscrición para a realización do exame está aberta ata o día 22 de marzo. Esta inscrición debera realizarse a través da páxina da rede ceMIT: cemit.xunta.es

Para máis información:

Visita cemit.xunta.es

Chama ó 637 900 975

Envía un correo electrónico a [email protected]