As Pontes, 19 de outubro| A biblioteca municipal, Enrique Rivera Rouco, convida a todo os veciñ@s a celebrar o Día da Biblioteca cunha xornada de portas abertas. Será este sábado 21 de outubro. Haberá castañas, chocolate quente, contacontos, música, unha intervención na praza de América de As Pontes enPezas e moitas sorpresas para todos os asistentes.
Programa de actividades
- 17:00h As Pontes enPEZAS. Graffiti Literario Rubén Moledo e grupo Poético Alalá.
- 18:00h Inacio Vilariño presenta Bpu catrineta. Contacontos.
- 19:00h Bahut Dúo en concerto.