O Concello das Pontes publicou as bases das axudas do programa dirixido a emprendedores “As Pontes Emprende 2016”
O programa de axudas consta de dúas liñas:
1.-IMPULSATE: axuda cun importe máximo de dous mil euros (2.000 €) por persoa beneficiaria (física ou xurídica) para os gastos de aluguer para o desenvolvemento da actividade relativos ao ano 2016.
2.- INSTALATE: axuda cun importe máximo de dous mil euros (2.000 €) por persoa beneficiaria para os gastos de inmobilizado material e inversión en adecuación de locais para a posta en marcha da actividade, relativos ao ano 2016.
Máis información no seguinte enlace:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/08/01/2016_0000006384.pdf
Ou dirixíndose ás oficinas municipais do IPPEC, sitas na Casa do Concello das Pontes (Parque Municipal sn)