Como actividade adicional á mostra do X Certame de Artesanía,  o vindeiro luns, día 20 xullo,  Manuel González Arias, comisario do certame e Susana González Amado, ceramista e membro do xurado, estarán na sala de exposicións Mercado Vello, para facer unha visita guiada da mostra que estará aberta a tódalas persoas que desexen asistir. A visita guiada será ás 12:30h.