As Pontes, 5 de decembro 2023. O Concello das Pontes informa de que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a participación no Programa de Termalismo Social do IMSERSO para o ano 2024.
Os prazos para a presentación das mesmas son os seguintes:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 10 de
xaneiro de 2024. - Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2024.
Así mesmo haberá un prazo para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas que vaian
quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias: - Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio
de 2024. - Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de novembro de
2024.
A adxudicación das prazas efectuarase de acordo coa puntuación obtida polos expedientes,
tendo en conta os balnearios e quendas solicitadas.
Requisitos para poder participar no programa de Termalismo:
- Ser pensionista de xubilación o incapacidade permanente do Sistema de Seguridade
Social español. - Ser pensionista polo concepto de viudedade, que teñan mais de 55 anos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de
desemprego, que teñan cumpridos os 60 anos. - Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social, con sesenta e
cinco ou mais anos de idade. - Outros requisitos para participar no programa son valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria, necesitar os tratamentos termais solicitados e non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nun centro residencial, nin enfermidade infecto contaxiosa.
- A persoa solicitante pode ir acompañado polo cónxuxe, para quen non se esixen os requisitos de pensión e idade.
Servizos que ofrece o programa:
- Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de
uso compartido. - Tratamentos termais básicos, que inclúen a prescrición do tratamento polo médico do
balneario. - Realización de actividades de animación.
- Póliza colectiva de seguro turístico.
Para máis información e formalizar as inscricións, poden pasar polo Departamento de
Servizos Sociais, previa cita, chamando ao 981 44 10 08, en horario de mañá, ou
www.imserso.es.