As Pontes, 7 de decembro. O Concello das Pontes informa de que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a participación no Programa de Termalismo Social do IMSERSO para o ano 2023.
Os prazos para a presentación das mesmas son os seguintes:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 9 de xaneiro de 2023.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2023
Así mesmo haberá un prazo para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2023.
-
Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de novembro de 2023.
A adxudicación das prazas efectuarase de acordo coa puntuación obtida polos expedientes, tendo en conta os balnearios e quendas solicitadas.
Requisitos: Neste programa poden participar:
-
Todas as persoas pensionistas do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación e incapacidade permanente.
-
Todas as persoas pensionistas por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, que teñan cumpridos os 60 anos.
-
Todas as persoas polo concepto de viudedade que teñan mais de 55 anos.
-
Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social, con sesenta e cinco ou mais anos de idade.
Outros requisitos para participar no programa son valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria e non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nun centro residencial, nin enfermidade infecto contaxiosa.
A persoa solicitante pode ir acompañado polo cónxuxe, para o cal non se esixen os requisitos de pensión e idade.
Servizos que ofrece o programa:
-
Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
-
Tratamentos termais básicos, que inclúen a prescrición do tratamento polo médico do balneario.
-
Realización de actividades de animación.
-
Póliza colectiva de seguro turístico.
Para máis información e formalizar as inscricións:
Departamento de Servizos Sociais, previa cita, chamando ao 981 44 10 08, en horario de mañá.