As persoas interesadas en participan no plan de actuacións de loita contra as enfermidades do castiñeiro 2020, e realizar unha solicitude individual para participar no tratamento experimental de distribución de cepas hipovirulentas para combater a enfermidade do cancro do castiñeiro, poden descargar as mesmas na web da Consellería do Medio Rural http://mediorural.xunta.gal/forestal/silvicultura/sanidade_forestal/

As solicitudes poderán presentarse nos lugares habituais (xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, servizos provinciais de Montes, oficinas dos distritos forestais, oficinas agrarias comarcais) ou no enderezo electrónico [email protected]

Para facer achegas ou solicitar calquera aclaración pode dirixirse ao enderezo electrónico [email protected] ou ao teléfono 981 546 051