Son As Pontes 2018

O festival de música clásica Son As Pontes celebrou onte a súa segunda xornada, na que os ponteses poideron gozar da música do artista Abraham Cupeiro quen interpretou pezas do seu último traballo, Sons esquecidos.

Un concerto no que o músico viaxou ó pasado a través do son dos instrumentos de vento. Unha pequena frauta de óso (46.OOO a. c.) un carnyx, instrumento de vento da Idade do Ferro Celta, ou un cornu romano fixeron as delicias dos asistentes.

Hoxe temos unha nova cita con Festival Son As Pontes de Música Clásica. Será ás 13.00 horas na Casa Dopeso co concerto do ciclo de novos intérpretes. E ás 20.00 horas na praza da igrexa, co recital adicado a Mozart e a Brahms.

Na seguinte ligazón podes disfrutar dunha lista de reproducción para apreciar a calidade dos distintos concertos: VER VÍDEOS