10 de septiembre de 2015

Xa é oficial o VII Concurso de tapas Saborea As Pontes celebrarase do 16 ao 25 de outubro de 2015.

O concello de As Pontes mediante o IPPEC e a Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes xunto cos profesionais do sector da hostalaría, mantiveron onte unha reunión no Mercado Municipal, onde deron forma e determinación as bases que rexiirán o novo Concurso de Tapas 2015, que chega un ano máis cargado de moitas novidades entre as cales podemos adiantar que presentan atractivos premios para os clientes gañadores.

8 de septiembre de 2015

RTVEume| O concello de As pontes, mediante a concellería de Turismo, Hostalería, Comercio e Emprego e o instituto pontés de promoción económica está xa mans á obra coa preparación dunha nova edición do concurso gastronómico Saborea As Pontes, unha cita que, o vindeiro mes de outubro celebrará a súa edición número sete e que volverá seguro ser todo un éxito de participación hostaleira e de público.

Así as cousas, mañá á tarde terá lugar o primeiro dos encontros entre os hostaleiros interesados en participar e a organización do certame. Será ás 6 da tarde no segundo andar do Mercado de Abastos, nas novas oficinas da asociación de empresarios e comerciantes.

A este encontro están convocados tanto os hostaleiros xa decididos a participar coma aqueles que desexen solventar algunha dúbida en relación ao concurso xa que o eixo central do encontro pasa por dar a coñecer as bases do concurso, as datas e os premios e sorpresas que incluirá esta xa sétima edición dunha das festas gastronómicas de maior sona na comarca.