As Pontes, 4 de xullo| Unha vintena de persoas participaron o venres pasado no roteiro organizado pola Concellería de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego, dentro do proxecto As Pontes Experiencia Industrial.

Tratábase desta volta de dar a coñecer este percorrido, deseñado co obxectivo de conectar distintos elementos patrimoniais de tipo industrial que existen no casco urbano das Pontes. Con saída dende o Lago, todas as persoas que o desexen poden realizar esta ruta axudadas da información recollida nos dípticos editados recentemente, que axudan a interpretar os atractivos que os visitantes van atopando no camiño.

O público pode atopar información sobre a ruta, con versión curta (5 km) e longa (11km), tanto na Casa do Concello como no seguinte enlace: http://www.experienciaindustrial.es/ruta-industrial/