As Pontes, 13 de outubro de 2022. O Concello das Pontes publica a resolución provisional das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/fillas para o curso 2022-2023 (convocatoria extraordinaria setembro)

Os listados poden consultarse na paxina web do concello e no taboleiro de anuncios do Concello e no taboleiro de anuncios de servizos sociais.

As persoas solicitantes teñen ata o día 26 de outubro (incluído) para presentar alegacións ou emendar a súa solicitude e presentar a documentación requerida, a través do rexistro do concello, previa cita, ou por vía telemática a través da Sede electrónica do Concello das Pontes de García Rodríguez, indicando en todo caso o nome do/a solicitante.

SOLICITUDES ADMITIDAS: VER

SOLICITUDES INCOMPLETAS: VER