As Pontes, 6 de setembro de 2022. O Concello das Pontes publica hoxe a resolución definitiva das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/fillas para o curso 2022-2023.

Segundo as bases reguladoras específicas das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as para o curso 2022/2023, trala resolución de concesión da axuda económica, as contías serán aboadas mediante a entrega dun vale indivisible e canxeable polo dito material escolar, as persoas solicitantes propostas como beneficiarias.

Deste xeito, a persoa beneficiaria acudirá ás oficinas de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso) para retirar o vale da axuda concedida, a partir de mañá, 7 de setembro, dende as 08:30 ás 14:00 horas.
DECRETO ADXUDICACIÓN E DENEGACIÓN AXUDAS ESCOLARIZACIÓN: VER