As Pontes, 16 de xullo de 2021. O Concello das Pontes rematou hoxeas obras da primeira  fase de mellora de pavimento e servizos da Avenida de Ortigueira, no tramo comprendido entre a Avenida de Villalba e a Rúa do Concello.

O proxecto, cun orzamento de licitación de 140.382,28 euros a cargo da Deputación da Coruña, permitiu a eliminación do desnivel existente entre a estrada e as beirarrúas así como a mellora dos servizos de iluminación e saneamento, dándolle continuidade ao proxecto de rehabilitación, humanización e mellora da accesibilidade levada a cabo polo Concello das Pontes no centro urbano.

Entre os traballos realizados, atópase o retranqueo dos farois e sinais de tráfico que existían, a demolición da beirarrúa e o bordo así como a demolición e o fresado do firme, o recrecido de pozos de rexistro e o varrido da superficie viaria.

O afirmado da zona de rodadura e aparcamentos realizous mediante formigón bituminoso cun acabado impreso e a beirarrúa peonil realizarase con baldosa prefabricada de cor.

Procedeu así mesmo, á instalación de sumidoiros e a separación da rede de pluviais da rede de saneamento. En canto á instalación de iluminación pública os traballos realizados foron a execución de arquetas, a canalización eléctrica, a tirada de cable eléctrico, colocación de novas luminarias e a retirada dos farois existente ademais, nos pasos de peóns instaláronse captafaros LED e sinais de paso luminosas. As obras concluiron coa instalación de papeleiras, xardineiras e bancos.