Aberto o prazo (ata o 31 de marzo) para solicitar o acollemento de nenos e nenas saharauis para as vacacións de verán.

As vacacións en paz preséntanse nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente ricas aos nenos e nenas saharauis. Este programa dá a coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os nosos pobos e o Pobo Saharaui.

Estes nenos naceron nos campamentos de refuxiados saharauís situados dende fai máis de 40 anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, preto da fronteira alxeriano-saharauí. A vida de estes nenos, nados no exilio, transcorre nas mesmas circunstancias como o resto da poboación saharaui, privada do máis elemental e sobrevive dificilmente grazas á axuda internacional.

Para mais información, poden pasar por Servizos Sociais do Concello das Pontes (2º andar da Casa Dopeso) ou no Teléfono: 667129337