As Pontes, 30 de maio| Aberto o prazo para formalizar as inscricións será dende o 30 de maio ao 17 de xuño de 2016 e ata o 1 de decembro para cubrir posibles vacantes.
Este programa está dirixido a persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionistas de xubilación do Sistema Público de Pensións.
- Ser pensionistas de viudedade do Sistema Público de Pensións, cunha idade igual o superior a 55 anos.
- Pensionistas de Incapacidade, outros pensionistas del Sistema Público de Pensións e prexubilados ou subsidios de desemprego, en todos estes casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiario do sistema da seguridade social, con 65 anos cumpridos.
Considérase beneficiario/a, en calidade de acompañante, ao cónxuxe ou parella de feito desta persoa, aínda que non é preciso que reúna os requisitos de idade e pensión.
Para máis información e/ou formalizar a inscrición, poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais en horario de 8:30 a 14:00 h.
En todo caso, os solicitantes deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
A participación no programa inclúe:
- Viaxe de ida e volta no medio de transporte programado, dende a capital de provincia ao hotel de destino e regreso, excepto na modalidade de viaxes sen transporte.
- Aloxamento en réxime de pensión completa, en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contemplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
- Póliza de seguros colectiva.
- Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio Hotel.
- Programa de animación.
Nos turnos de Turismo de Natureza e Circuítos Culturais, dadas as súas especiais características, non se inclúe nin o servizo médico, nin o programa de animación.
Para mais información e/ou formalización da inscrición, poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais do Concello (2º andar da Casa Dr. Dopeso) en horario de 8:30 a 14:00 h.