RTVEume| O vindeiro día 29 vaise presentar un novo proxecto audiovisual en As Pontes. Paxaros de algodón é o título dunha reportaxe en col da realidade da presenza de Aspanaes en As Pontes, na que os ususarios son os grandes protagonistas.

O Concello de As Pontes apostaba por visibilizar o autismo e o traballo dos profesionais que os atenden e a integración que día a día se busca na sociedade pontesa da que forman parte.

O traballo de Xosé Manuel Felpeto no guión e Roberto Rego na gravación deu nunha reportaxe que inclúe a información do día a día no centro de Aspanaes do Poboado e o seu funcionamento interno, e dramatización de dous contos nos que a comunidade desta asociaióin son os encargados de facer todos os papeis.

A montaxe audiovisual persegue informar e concienciar a un tempo, dende unha aposta creativa que romperá mitos sobre o autismo e consegue dar a coñecer o labor que se fai neste centro, que ó final é un colexio-residencia cunha educación inclusiva.

A Concellería de Servizos Sociais organizou unha exposición pública deste traballo para o vindeiro venres 29 de maio ás oito e media do serán e no Auditorio do Cine Alovi. A entrada é libre a todo o que queira acudir.