As Pontes, 11 de maio| A nova mascota do comercio e a hostalería local de As Pontes, presentarase o sábado día 13 de maio no programa de promoción económica “Móvete por As Pontes” que organiza o Concello a través do IPPEC e en colaboración coa Asociación COHEMPO.

O desfile será na carpa habilitada no Colexio de Santa María ás 19:00 horas, e contará coa participación de Loreto Silvoso e María Mera. A partir das 21:30 h será a Fashion Night, que contará coa dinamización dun grupo de Batukada, así como moitas sorpresas ao redor da nova mascota comercial.

Máis de 50 establecementos participan na presente campaña onde a temática escollida para esta nova edición é “Futurista”. Desde o IPPEC animamos á participación de veciños e visitantes a esta nova cita comercial e hostaleira en As Pontes.