As Pontes, 11 de decembro| A Deputación da Coruña ten o pracer de convidarvos á presentación de Compartimos Plan, o xoves 14 de decembro, ás 10:30 horas, na Casa do Peso (2º andar, Aula Polivalente), na Rúa Rosalía de Castro, nº 28, en As Pontes. Este proxecto ten como finalidade realizar un estudo de diagnose das políticas de igualdade entre mulleres e homes e de prevención da violencia de xénero na provincia, e un plan de acción dirixido a establecer liñas estratéxicas de actuación a nivel provincial.

Queremos que Compartimos Plan sexa un proxecto dinámico, participativo e colaborativo. É por elo que a aportación dos diferentes axentes sociais faise necesaria. Non soamente queremos contar co persoal técnico e político dos 93 concellos da provincia, senón que tamén queremos que participen diferentes axente chave da contorna. Por iso, agradeceriamos que difundades esta comunicación entre as persoas do voso concello que pensades poidan estar interesadas en participar (tecido asociativo, centros educativos, centros de saúde, corpos de seguridade, etc.).

É importante que todas as persoas que asistan á presentación de Compartimos Plan confirmen a súa asistencia a través desta ligazón, CONFIRMAR ASISTENCIA.

ou na web www.compartimosplan.com