qrf

O pleno do Concello das Pontes aprobou durante unha sesión extraordinaria urxente, un recoñecemento extraxudicial de crédito por un importe de 236.219,67€  destinado ao pago a provedores co obxectivo de paliar as consecuencias económicas do coronavirus.

Durante a sesión plenaria, que se celebrou de forma telemática, aprobouse tamén unha modificación do orzamento do 2020 prorrogado para habilitar unha partida por valor de 270.585,52 euros, procedente do remanente líquido de tesourería do ano anterior, para facer fronte aos pago das facturas pendentes do ano 2019 para as que non existía crédito consignado no orzamento vixente.