[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| O Concello de As Pontes porá ao cobro, dende o vindeiro luns día 25, os recibos correspondentes ao cuarto trimestre de 2015 por recollida de residuos sólidos urbanos e abastecemento de auga, rede de sumidoiros e canon da auga da Xunta de Galicia.

No tocante ao primeiro destes pagamentos, deberán cumprir co mesmo un total de 5.547 usuarios deste servizo o que suporá unha taxa total de 103.089 euros, mentras que o número de liquidacións por rede de sumidoiros e subministro de auga é de 10.561, o que supón uns ingresos de case 155.000 euros dos que 53.018 corresponden ao canon da auga imposto dende o Goberno autonómico.

Estes dous recibos pódense aboar dende o luns 25 ata o 28 de marzo, nas oficinas de Viaqua ubicadas na rúa Vicente Risco, en horario de 9 a 11 da mañá de luns a venres, ou ben domicilialas en calquera das entidades bancarias da localidade no mesmo prazo de tempo, xa que unha vez se esgote o período de pagamento voluntario, a débeda esixirase polo procedemento de prema e devengaranse os correspondentes recargos do período executivo, os xuros de demora, e no seu caso, as costas que se produzan.

[/fusion_text][/fullwidth]