[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| En tan só dez días, novamente a comunidade internacional vai celebrar o día da Paz, unha data que tampouco esquecen nos centros educativos da nosa vila e que, de seguro, tamén van conmemorar da man de diferentes actividades coas que se implicarán estudantes de todas as idades e corpo docente.

Tamén dende o Concello, mediante o departamento municipal de Benestar Social, se quere celebrar este día da man dun ciclo de proxeccións cinematográficas. Así, os días 28 e 29 deste mes poderemos desfrutar na gran pantalla do auditorio municipal Alovi do documental Camino a la escuela, de Pascal Plisson, e que vía a luz en 2013.

O documental está baseado na historia real de catro pequenos: Jackson, Samuel, Carlitos e Zahira e que, a diario deben camiñar moitos quilómetros por paraxes inhóspitos para poder acudir ás clases.

Estes catro pequenos viven en puntos moi diferentes do planeta: Marrocos,Arxentina, Kenia e a India e, a diario, afrontan multitude de adversidades e perigos para chegar á escola, un duro esforzo do que estes protagonistas son conscientes pero que están dispostos a afrontar para lograr un futuro mellor.

O filme, de hora e cuarto de duración, proxectarase en dúas quendas o día 28 para os escolares ponteses, en horario de mañá, e xa o venres 29, ás 8.30 realizarase un pase de entrada gratuíta para os veciños e veciñas que desexen desfrutar destas catro historias de coraxe, optimismo e esperanza, protagonizadas por catro heroes reais que, están a loitar, para ter un porvir e un futuro máis aló da pobreza e duras condicións que, a diario, deben afrontar nos seus pobos de orixe.

[/fusion_text][/fullwidth]