O Concello das Pontes acaba de formalizar o contrato de adxudicación das obras correspondentes aos recursos achegados polo Fondo de Compensación Ambiental por un importe de 220.063,88 euros.

As obras adxudicadas darán comezo o vindeiro luns 5 de setembro e correspóndense con:

– reposición e mellora da rede de saneamento na rúa para Fabrica, A Cuveliña e o Poboado da Fraga Bloque E.
– ampliación da rede de saneamento e execución de bombeo en Goente.

Así mesmo, este mesmo luns comezarán as obras do Plan Municipal de Mellora de Camiños de Acceso a Explotacións Agrarias por un importe de 94.415 euros e consistentes en:

– aglomerado de 1,7 km a estrada da Dá.
– aglomerado de 1 km na estrada de Somede.