As Pontes, 14 de marzo| O vindeiro sábado 18 de marzo, de 10:00 da mañá a 20:00 da noite, no Lar, realizaremos unha nova edición da Amigus-Labs. Nesta ocasión faremos un obradoiro de fabricación dixital. A idade recomendada para participar é a partir de 10 anos.

Un obradoiro para iniciarse no apasionante mundo da fabricación dixital, dende o traballo con impresora 3d, fresadora cnc para fabricar os teus propios circuitos electrónicos e a dixitalización 3d de obxetos e persoas.

Nesta xornada de traballo utilizaremos as impresoras Reprap Prusa i3, de base para crear novos instrumentos para equipar as Amigus Labs. Tamén veremos como mellorar a túa impresora, ampliar a base de impresión, a cama quente, o uso de dobre extrusor, e novos materiais …

Montaremos unha Cyclone CNC para a creación de PCB así como traballaremos con scaners 3d para dixitalizar obxetos.

Os mais pequenos tendrán a oportunidade de fabricar un robot Lego Mindstrom e aprender a programalo, será de 16:00 a 19:00 horas (prazas limitadas).

Crea os teus propios xoguetes, as túas ferramentas, prototipos, robots… fabrica case calquera cousa que imaxines!

Faremos unha parada para comer de 14:00 a 15:00, na que comeremos no mesmo Lar cun custo de 10 € por persoa (opcional), e estará incluida a comida e os refrescos. (Está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas ou fumar no recinto da Amigus-Labs)

Unha vez máis a Amigus-Labs está co-organizada polo Concello das Pontes, Grupo de Empresa, Nauta, No Ping, Nodo Dixital e Xestcourido.

Na Amigus-Labs Fabricación Dixital podes traer a túa impresora 3D para resolver dudas ou intentar axudarche coa montaxe ou a configuración, ou se tes un proxecto en marcha vir e mostrar os demáis o que estás a facer.

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso da ferramenta 3D).

– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi

– Regreta de enchufes.

– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.

– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs 3D, e que instales un antivirus.

A inscrición é gratuita, e o prazo remata o 17 de marzo. Podes apuntarte enviando un email a [email protected] (prazas limitadas)

Amigus Labs é un taller e laboratorio de investigación con maquinarias que están á vanguardia tecnolóxica. O obxectivo principal deste innovador espazo é cubrir a brecha que existe actualmente entre os procesos de fabricación (tradicional e dixital), o espírito empresarial, o desenvolvemento profesional, a investigación e a formación, todo baixo a filosofía IED, A Fábrica do que non existe. Desde o ano 2010 a Asociación Informática Amigus esta desenvolvendo estes talleres de participación libre e gratuita. Actualmente a Amigus Labs forma parte da rede mundial de FabLabs.

cartel_amiguslabs