[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

As pontes, 10 de maio 2016| O Festival da Francofonía, que este ano tivo á nosa vila como anfitrioa permitíu que durante dous días, estudantes da lingua gala, todos na ESO e de ata dez centros de diferentes puntos do país, convivisen compartindo experiencias en torno ó idioma común no que se forman.

A idea dos organizadores deste evento no que os centros ponteses levan anos participando, e desta vez tocoulles organizar, é que a materia transcenda ó idioma e sirva, ademais, para aprender a cultura e costumes galos.

O VIII Festival da Francofonía, posto en marcha polo Concello pontés, e coa colaboura dos CPI Monte Caxado e o IES Basella, e tamén a Deputación da Coruña trouxo a máis de medio milleiro de escolantes a pasar estas dúas xornadas a As Pontes.

Onte xa chegaban os estudantes dos oito centros que viñan de fóra e pernoctaron no pavillón polideportivo municipal, logo de seren recibidos nunha concentración de todos os centros no parque. Alí estivo dándolles a benvida o concelleiro de educación Jesús Tembrás.

Esta mañá fóronse ata o escenario habilitado na praia do lago os alumnos dos dez institutos para interpretar ao longo de toda a mañá numerosas cancións, de Francia e en francés.

Dos tres centros da vila, tan só quedou sen participar o Instituto Moncho Valcarce, que declinou a invitación.

Como invitado especial estivo José el francés, que exerceu de padriño da cita, intrepretando algúns dos seus temas máis coñecidos, logo das actuacións de cada un dos dez centros.

Estes chegaron dende Viveiro, Arousa, Bueu, Neda, Porriño, Cambre, a Guarda, e Carral.

Participando directamente do evento estivo unha representación da corporación municipal encabezada pola tenente de alcalde e edil de Participación Cidadá, Montserrat García.

Ademais de disfrutar dunha mañá de música e idiomas, en convivencia no entorno do lago, tiveron tempo de comeren xuntos nun xantar na Fraga de Dona Rita, e logo aínda facer un itinerario pola vila para coñecer emprazamentos de relevancia natural e industrial percorrendo un itinerario deseñado dende o Concello.

[/fusion_text][separator style_type=”none” top_margin=”30″ bottom_margin=”” sep_color=”” border_size=”” icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” class=”” id=””][fusion_code]PGNlbnRlcj48YSBkYXRhLWZsaWNrci1lbWJlZD0idHJ1ZSIgZGF0YS1oZWFkZXI9InRydWUiIGRhdGEtZm9vdGVyPSJ0cnVlIiAgaHJlZj0iaHR0cHM6Ly93d3cuZmxpY2tyLmNvbS9waG90b3MvY29uY2VsbG9kZWFzcG9udGVzL2FsYnVtcy83MjE1NzY2NTc4Mjc1Njc5NCIgdGl0bGU9Ik8gVklJSSBGZXN0aXZhbCBkYSBGcmFuY29mb27DrWEgcmV1bml1IG5vIGxhZ28gZGUgQXMgUG9udGVzIGEgY2VudG9zIGRlIGVzdHVkYW50ZXMgZGUgc2VjdW5kYXJpYSBkZSBkZXogY2VudHJvcyBkZSB0b2RhIEdhbGljaWEiPjxpbWcgc3JjPSJodHRwczovL2Zhcm04LnN0YXRpY2ZsaWNrci5jb20vNzYxMS8yNjMyNzUxOTI1M183NzU4YTQ0MzI0X2MuanBnIiB3aWR0aD0iODAwIiBoZWlnaHQ9IjUzNCIgYWx0PSJPIFZJSUkgRmVzdGl2YWwgZGEgRnJhbmNvZm9uw61hIHJldW5pdSBubyBsYWdvIGRlIEFzIFBvbnRlcyBhIGNlbnRvcyBkZSBlc3R1ZGFudGVzIGRlIHNlY3VuZGFyaWEgZGUgZGV6IGNlbnRyb3MgZGUgdG9kYSBHYWxpY2lhIj48L2E+PHNjcmlwdCBhc3luYyBzcmM9Ii8vZW1iZWRyLmZsaWNrci5jb20vYXNzZXRzL2NsaWVudC1jb2RlLmpzIiBjaGFyc2V0PSJ1dGYtOCI+PC9zY3JpcHQ+PC9jZW50ZXI+[/fusion_code][/fullwidth]