As Pontes, 6 de setembro de 2021. O Lago das Pontes foi esta fin de semana o escenario da terceira regata da liga da Deputación da Coruña de Piragüismo 2021, organizada polo Grupo Xuvenil de Piragüismo en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e co Concello de As Pontes.
Unha competición na que participaron @s padexeir@s más nov@s de 11 clubs da provincia, das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete en embarcacións individuais e dobres e tanto en kayak como en canoa e na que se deron cita un total de 335 deportista. O Grupo Xuvenil de Piragüismo acudiu con 20 padexeir@s.
O presidente da Deputación e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, a deputada de Deportes, Cristina Capelán e membros da corporación municipal foron os encargados de entregar os trofeos aos padexeir@s e equipos gañadores.
Fotografías: Susana Bellas