As Pontes, 6 de setembro de 2021. As Pontes acolleu esta fin de semana a saída da etapa final da CERATIZIT challenge by La Vuelta, unha das probas máis importantes no calendario WorldTour feminino que percorre Galicia por primeira vez na súa historia e que conta co patrocinio da Deputación da Coruña.

A concelleria de Turismo, Elena López e o concelleiro de Deporte, Chicho Tembrás, xunto coa deputada provincial de Deportes, Cristina Capelán, o alcalde de Xermade, Roberto García, foron as persoas encargadas de cortar a cinta dunha etapa con final en Santiago de Compostela e na que se deron cita as mellores corredoras do mundo, representantes de 24 equipo dos que nove son escuadras UCI World Tour.

A etapa, con percorrido de 107,8 quilómetros sen dificultades montañosas, rematou coa victoria da campiona belga Lotte Kopecky ( Liv Racing) tras superar no sprint final a Elisa Longo Borghini ( Trek Segafredo).   Annemiek Van Vleuten (Movistar Team) certificou o seu triunfo na CERATIZIT Challenge 21 ao termo da cuarta e última etapa con final en Santiago de Compostela.