[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]Empezarán na segunda semana de novembro, o obxectivo é concienciar aos escolares ponteses da importancia do coidado do medio ambiente e de levar a cabo unha boa selección dos elementos para reciclar desde a orixe, é dicir, desde as nosas casas, para que o proceso de reciclaxe sexa efectivo e sen custos adicionais. As Pontes é pioneiro neste tipo de charlas dirixidas á poboación nova e acaba de aprobar un proxecto de rehabilitación da Escola de As Campeiras.

A semana pasada, a tenente de alcalde, Montserrat García, achegábase  ata As Campeiras para presentar o proxecto da escola de reciclaxe  diante dos veciñ@s do barrio, un proxecto pioneiro que vai enfocado a dous obxectivos principais: fomentar o interese pola reciclaxe, a a través da formación e a información, e fomentar tamén o aforro no tratamento dos residuos sólidos do municipio.

A acollida foi moi boa por parte da AAVV, que anunciou a súa disposición a sumarse ó ente que xestione esta escola. Por parte do Concello quíxose salientar que esta iniciativa debe servir para a mellora na educación ambiental de nen@s e maiores, pero tamén para contribuir decisivamente á mellor disposición da cidadanía para unha reciclaxe que poida evitar o excesivo gasto que se debe facer por unha mala práctica. Actualmente o Concello debe abonar anualmente case 337.000 euros ó ano a Sogama por recollida e transporte na xestión de impropios.[/fusion_text][/fullwidth]