[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

O Concello está a traballar no traslado do Punto Limpo, que actualmente está situado na rúa dos Alimpadoiros, nunha zona de ocio e goce dos ponteses, para levalo ao Polígono dos Airíos, unha zona moito máis axeitada para este tipo de actividades.

Os traballos de traslado quedarán feitos ao longo da próxima semana, e o Punto Limpo quedará aberto no seu horario habitual de luns a venres, de 11:00h a 14:00h y de 17:00h a 20:00h, os sábados de 11:00h a 14:00h. no Polígono dos Airíos. O teléfono de contacto é: 667.129.360

Montserrat García, tenente alcalde de As Pontes, explica que o traslado do Punto Limpo faise a unha zona moito máis adecuada que a actual, xa que se pasa dunha zona de ocio a unha zona industrial que é adecuada para facer unha reciclaxe correcta de todos aqueles residuos que non se poden tirar nos colectores convencionais. Ademáis este traslado facilitará a finalización e futura posta en marcha da pista de karting.

[/fusion_text][/fullwidth]