O Fondo de Compensación Ambiental FCA é aquel diñeiro que recibe cada concello por ter dentro do seu territorio parques eólicos en funcionamento.
Estes fondos só poden ser utilizados en obras dirixidas á mellora ambiental dos concellos.
O Concello das Pontes recibe este ano un importe de 276.592 euros que serán dirixidos a realizar o saneamento na Rúa da Fábrica, na Cuveliña, no Bloque E do Poboado da Fraga e ampliar o de Goente.
Nos dous primeiros casos con esta actuación prevese deixar solucionados os problemas que xorden cando se producen choivas copiosas.
No caso de Goente, soluciónase unha vella demanda veciñal que non podía ser levada a cabo debido aos permisos necesarios do organismo regulador de Estradas, xa concedidos nesta ocasión.