[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume|A concellería de Emprego, Turismo, Hostalería e Comercio, que dirixe Ana Pena, abría hoxe unha nova edición dos cursos Fórmate, dirixidos a persoas desempregadas que desexen adquirir novos coñecementos sobre a prevención de riscos laborais en diferentes eidos.
Trala boa acollida do primeiro destes obradoiros, adicado á prevención xeral e no que se esgotaron as prazas dispoñibles, hoxe daba comezo o segundo destes obradoiros neste caso adicado á prevención de riscos nas empresas adicadas ao traballo con metal. E é que, os 8 cursos que aínda quedan por diante grazas a este programa formativo afondarán xa na prevención en sectores máis concretos.
Así as cousas, novamente se volvía rexistrar unha gran demanda para asistir a este curso polo que as prazas ofertadas se cubriron en poucos días e hoxe daba comezo o mesmo, na aula polivalente da Casa Dopeso, e da man de monitores expertos da empresa Gestionplus.
Durante esta xornada, os participantes aprenderán dende os conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo ata a diferenciar os riscos específicos que se poden rexistrar en empresas deste sector e, por suposto, como actuar non só para previr senón tamén ante un accidente laboral.
A este curso sumaranse durante as vindeiras semanas outro tipo de iniciativas formativas. E é que o programa Fórmate impartirá tamén talleres gratuítos sobre a prevención de riscos en zonas con atmósferas explosivas, diante de risco eléctrico ou químico ou sobre a prevención de riscos e técnicas de acceso en rescates en espazos confinados. Incluso se vai desenvolver un curso sobre primeiros auxilios ou sobre a realización da reanimación cardio pulmonar, materias do máis demandadas polas empresas e que poden servir para que moitos dos nosos veciños e veciñas logren atopar unha saída laboral.
[/fusion_text][/fullwidth]