RTVEume| O Colexio Monte Caxado de As Pontes vai participar este ano no contrato- programa que permitirá desenvolver unha serie de accións destinadas a mellorar a calidade do ensino.

Esta iniciativa permite a cada centro impulsar o seu propio plan de mellora do éxito escolar, para o que se dotan dunha partida económica que varía en función das actuacións previstas, e que pode ir aumentando en función de acadar os obxectivos fixados nun programa que exerce así como contrato.

No caso do centro pontés os obxectivos pasan fundamentalmente por desenvolver un programa de reforzo, orientación e apoio ó alumnado que presenta dificultades de aprendizaxe ou que ten desavantaxe educativa.

Non se van esquecer tampouco retos como a contribución á mellor convivencia nas aulas ou a mellora da competencia en materias chave, así como previr o abandoo escolar.

Finalmente remata por afondarse na cultura da avaliación partindo da autonomía dos propios centros.