As Pontes, 24 de novembro de 2023.  O Concello das Pontes ten previsto iniciar o luns, 27 de novembro, as obras de mellora do viario que une as parroquias de Ribadeume e Bermui, coa execución dunha primeira fase que comezará no cruce do Campo e rematará no cruce do Lugar do Sixto,

As actuacións, cun orzamento de 46.731,83€, con cargo ao orzamento municipal están encamiñas á rehabilitación do viario para dotalo dunha calidade óptima así como para mellorar a comodidade e seguridade do tráfico rodado e dos viandantes.

As obras comezarán coa limpeza do viario, co varrido da capa superficial e  fresado nos encontros e zonas necesarias por mor da planimetría. A continuación procederase á extensión dunha nova capa de rodaxe en aglomerado quente. As obras finalizarán coa reposición da sinalización horizontal.