As Pontes, 23 de novembro de 2023. Unha delegación de representantes do Concello das Pontes, encabezada polo alcalde, Valentín González Formoso, apoiou aos traballadores e traballadoras de Einsa Print na concentración convocada polo comité de empresa en Santiago, diante do edificio do Consello Económico e Social de Galicia, coincidido coa reunión que se estaba a celebrar no interior do edificio entre o Comité de Empresa e os propietarios de Einsa Print.

Durante esta concentración, fíxose lectura dun manifesto institucional en apoio ás reivindicacións dos traballadores e traballadores que durante os últimos días se atopan inmersos na negociación dun expediente de regulación de emprego, presentado pola empresa o pasado 30 de outubro.

Nese sentido, Ana Pena, concelleira de Industria apuntou que “o ere plantexado en einsa supón a perda de emprego para moitas familias das Pontes e de concellos da contorna, e son traballadores con moito anos de adicaciÓn a empresa. Dende a corporación queremos trasladar o apoio incondicional o plantel e pedimos á dirección que amose a sua vontade de facilitar a búsqueda de alternativas máis propicias “.

“Tendo en conta que o prazo de negociación remata o día 30 e que nestes momentos non hai avances na mesma, para o Concello das Pontes é importante apoiar a solicitude dos traballadores e traballadoras de Einsa Print para paralizar os prazos, de cara a posibilitar un acordo alternativo á actual proposta da empresa” remarcou a concelleira.

Durante o acto de lectura do manifesto, tamén se deu conta da convocatoria da xuntanza solicitada polo comité e os concellos das Pontes e Pontedeume á Consellería de Industria para o próximo luns, ás 13.00 horas, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Unha vez rematada a lectura do manifesto de apoio, no que participaron o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, a concelleira de Industria, Ana Pena, a concelleira de Benestar Social, Tania Pardo así como os voceiros locais do PP e do BNG, os integrantes da corporación pontesa, xunto co alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, dirixíronse ao interior do edificio para facer entrega do documento ao representantes da empresa.