As Pontes, 17 de xaneiro de 2024. O Concello das Pontes aprobou está mañá, por unanimidade, a implantación dun sistema de vídeo actas para os plenos municipais que permitirá adaptar a xestión municipal as esixencias establecidas pola lexislación vixente e ao mesmo tempo modernizar o sistema actual de actas que será substituído por documentos audiovisuais en formato electrónico.

Así, con este sistema se mellora a eficacia e eficiencia nos procedementos administrativos ao diminuír e axilizar os tempo dedicados á elaboración das actas plenarias e ademais permite seguir avanzando na modernización da administración local.

As vídeo actas combinaran dous tipos de ficheiros, un ficheiro multimedia de audio e vídeo da sesión plenaria e outro que contén a acta escrita convencional da sesión, ambos asinados electronicamente pola Secretaría do Pleno do Concello.

A acta escrita incluirá datos sobre o lugar da reunión, a data e a hora de inicio e finalización da sesión, indicación do carácter ordinario ou extraordinario, as persoas que asisten, a orde do día e o contido dos acordos alcanzados así como a expresión do sentido do voto así como os rogos e as preguntas, incluíndo referencias ao vídeo do pleno. O vídeo conterá a gravación íntegra do que ocorreu durante a sesión plenaria.

O contido íntegro do contido da sesión, xunto coa acta e orde do día poderá ser visualizado en calquera momento pola cidadanía a través da sede electrónica municipal, na dirección sede.aspontes.org. Así mesmo, este novo sistema permite a retransmisión dos plenos, tanto en directo ou diferido, a través de diferentes canles de comunicación municipal.