As Pontes, 19 de xullo de 2022. O Concello de As Pontes entregou a semana pasada os premios do primeiro certame de curtametraxes As Pontes enCurta”, unha iniciativa que tiña como obxectivo prioritario permitir á mocidade da vila adentrase no xénero cinematográfico da curtametraxe e fomentar a súa creatividade.
O concurso contou con dous apartados, un destinado a toda a mocidade galega e un segundo apartado destinado exclusivamente á mocidade das Pontes, con idades entre os 12 e os 30 anos.
Na modalidade de curtas galegas, á que se presentaron 50 obras procedentes de toda Galicia, a curtametraxe gañadora foi O Son da Balea de Daniel Suárez Rubini, premiada con 500 euros, o segundo posto foi para Devoradora de nenos, de Fran X.Rodríguez, premiada con 250 euros e O que queda de nós, de Miguel Gómez Abad, logrou o terceiro posto, recoñecido cun diploma.
Na segunda categoría, onde as curtametraxes debían ter unha temática relacionada coa vila das Pontes e nas que, como mínimo, unha das persoas integrantes do equipo de traballo da curtametraxe debía estar inscrita nos obradoiros audiovisuais que se realizaron durante a primeira quincena de xullo ao abeiro do certame ” As Pontes enCurta” a obra gañadora foi A malla de Pontoibo, de Adair Legaspi, premiada cun vale de 300 euros, concedido por Cohempo, para mercar no comercio local das Pontes, o segundo lugar foi para Lugares das Pontes, de Daniela Calvo e o terceiro premio foi para As Pontes en fíos, de Mateo, premiados ambos con vales de 100 euros trocables nos establecementos comerciais das Pontes.
A concelleira de Educación Tania Pardo, durante a entrega de galardóns fixo fincapé na importancia destes iniciativa, que nace con espírito de continuidade, xa que constitúe unha gran oportunidade para que as rapaces e rapaces da vila experimenten e indaguen neste ámbito creativo, coñezan, de primeira man, o mundo da creación audiovisual, un sector en auxe, na procura sempre de talento e bo facer.
GAÑADORA CATEGORÍA LOCAL. Adair Legaspi con “A malla de Pontoibo”
GAÑADOR CATEGORÍA GALEGA: Daniel Súarez Rubín con ” O son da balea”