As Pontes, 9 de marzo de 2022. O Concello das Pontes pon en marcha un rexistro municipal de familias de acollida para persoas refuxiadas para canalizar, deste xeito, as ofertas de acollida e solidariedade amosadas pola veciñanza pontesa nos últimos días.

Tania Pardo, responsable de Benestar Social apunta que “nos úlitmos días, a corporación municipal está recibindo moitas chamadas e mensaxes de veciñas e veciños das Pontes que queren ofrecer a súas vivendas. Estase desatando unha onda de solidaridade e o Concello das Pontes será unha parte activa na súa xestión, poñendo a disposición do goberno central a información dos recursos habitacionais existentes no municipio para a acollida do pobo ucraíno”.

Nese sentido, a concelleira lembrou que será o goberno central, a través dos Ministerios de Asuntos Exteriores e de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, os responsables de coordinar toda a acción humanitaria, no marco da acción global da Unión Europea, para dar atención e acollida ás persoas que se están vendo obrigadas a abandonar Ucrania e, “desde o o Concello das Pontes, en canto se acorde o plan de acollida, empezaremos a desempeñar a nosa labor que é a atención, a acollida, a solidariedade e o afecto co pobo ucraíno”

O Concello das Concello das Pontes está en contacto permanente coa FEGAMP e a FEMP, responsables da coordinación coas administracións locais dos diferentes operativos de solidariedade, para que “unha vez estean activos poñernos en contacto con todas as persoas que ofreceron as súas vivendas e outras axudas para organizarlas e, así mesmo, brindar protección ás persoas que fuxen de forma masiva de Ucraína” indica Lorena Tenreiro, responsable de Organización Interna.

As persoas intersadas en formar parte deste rexistro poderán facelo a través da sede electrónica municipal ou do Rexistro Xeral do Concello cubrindo unha instancia na que indiquen o nome e apelidos da persoa solicitante, número de persoas que integran a unidade familiar, DNI, correo electrónico e teléfono, dirección da vivenda, metros cadrados que ten, número de persoas que se poden acoller e tempo posible de acollida.

Por outra banda, seguindo as indicacións da FEMP, o Concello das Pontes tamén traballa xa na identificación da dispoñiblidade habitacional do municipio, localizando espazos públicos que reúnan as condición precisas para aloxar ás persoas que cheguen desde Ucranía e outros recursos de acollida- educativos, sanitarias- sociais- para acompañalos en todo o proceso para logar que a súa protección sexa plena e permitindo a súa inclusión e integración na vila”.