[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| O Concello aforrará mais de 3 millóns de Euros co novo contrato de servizo de lixo, RSU,limpeza viaria e xestión de punto limpo.

O Concello de As Pontes ven de adxudicar un novo contrato do servizo de lixo, limpeza viaria, recollida de residuos sólidos urbanos e xestión de punto limpo. O novo contrato, logo dun longo proceso, acada os obxectivos marcados polo Goberno local de abaratar os custes e incrementar os servizos. O orzamento final queda fixado nun montante de 5.712.025 euros  para un período de doce anos de vixencia.

A baixada acada ata un 22´86 %, cun aforro, ó respecto do anterior contrato que chega ata os 278.474´64 euros cada ano, o que suma a importante cantidade de 3.341.69´68  euros de aforro nos 12 anos de vixencia.

Un dato que reflexa ben a rebaixa nos custes ó Concello por este servizo básico, extráese da conta mensual onde se estaban a desembolsar 66.839´75 euros cada mes, agora pasarase a ter que aportar 43.633´53.

O equipo de Goberno buscaba acadar un contrato máis axustado canto ó seu custe pero que tamén se mellorara cun servizo máis amplo na nova concesión.

Tamén este obxectivo se acada co incremento na recollida de sólidos urbáns, que pasa de dúas a catro veces por semana, o mesmo que limpeza de contedores se dobra, de dúas veces ó ano á limpeza trimestral que se vai facer a partir de agora.

A empresa Valoriza comprométese tamén a establecer unha illa de reciclaxe en cada paroquia do municipio, e instalar ata 400 composteiros individuais, 42 novos contedores específicos, outros 83 de cartóns, e 10 contedores respectivamente de aceites, roupa, latas, tapóns, e polivalentes.

Están contemplados igualmente 10 minipuntos limpos, e un quitachicles para limpiezas específicas, unha proxección de áridos, e a instalación dun sistema de identificación  de usuari@ de punto limpo con tarxeta.

Dende o Concello pontés concluíase, logo dun minucioso e exhaustivo proceso, que a oferta presentada pola UTE Soil Recovery SL Valoriza Servizos Medioambientais, constituía, ademais da máis vantaxosa económicamente, a que mellor respostaba á intención de mellorar optimizando un servizo público xestionado pola administración local no que prima o interese público.[/fusion_text][/fullwidth]