As Pontes, 18 de abril de 2022. A pasada semana, tras a reunión mantida polo Comité de Crise das Pontes e tendo en conta que son moitas as inquedanzas que xurden no proceso que se está a vivir sobre do peche da central térmica, coa activación da Central Térmica, cando menos ata maio, co proceso de peche e demolición en trámite e o plan Futur-e por concretar, os membros do Comité de Crise coincidiron en que “debe ser prioritario, neste tempo extra, concretar alternativas que garantan o futuro laboral e socioeconómico da localidade, e dar alternativas xa aos colectivos máis vulnerables neste proceso de descarbonización (transportistas, traballadores/as da industria auxiliar e da principal”

Por todo o anterior, desde o Comité de Crise recalcouse  a urxencia de solicitar, novamente, a  convocatoria da Mesa de Transición Xusta das Pontes, solicitada o pasado 25 de novembro de 2021.