RtvEume .-  Está xa aberto o prazo para anotarse nunha nova edición do MOVA, Mercado de Oportunidades, Vila de as Pontes

Onte, e presidida pola Concelleira responsable de Coemrcio, Ana Pena, celebrábase a primeira reunión dende o Concello cos comerciantes da vila para presentar unha nova cita que repetirá en torno á data do primeiro de novembro.

O MOVA 2.015 terá lugar os días, sábado 31 de outubro e domingo 1 de novembro de 10:00 a 19:00 h, anque se volverá abrir, aproveitando que será día festivo, o luns 2 de novembro, pero só pola mañá entre as 11:00 e as 14:00 h.

Tamén so volverá premiar ós clientes, coa entrega de rifas coas súas compras. Estes boletos servirán para optar a gañar senllos premios de vales de 300 euros cada un, para gastar no propio MOVA.

Tamén se vai retomar a posta en marcha dunha nova campaña de concienciación comercial destinada a veciñ@s e visitantes acorde co obxectivo que se mantén para esta sétima convocatoria que sempre están centrados na promoción e o apoio ó comercio local.

Na xuntanza entre o Concello, o IPPEC, a Asociación de Empresarios e Comerciantes e o o tecido comercial pontés, coa finalidade de informar sobre as novidades que presenta este programa, tamén se acordaba o prazo para sumarse, e polo que xa se interesaron máis dunha trintea de comerciantes.

O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro venres día 16, e débese confirmar nas propias instalacións do Concello,

Nas datas sinaladas que cadrará coa celebración da feira dos cogomelos, a véspera e o día seguinte, o que supón ofertar un espazo público nun marco no que se contará con moitos visitantes, para que cada establecemento poda achegar as súas ofertas co reclamo de prezos moi rebaixados.