RTVEume| Unha vintena de mozas e mozos en situación de desemprego comezaron a semana pasada un novo curso promovido pola Concellería de Emprego do Concello de As Pontes. Esta acción formativa estará centrada na especialidade de instalacións, reparacións, montaxes, estructuras metálicas, cerraxería e carpintaría metálica e desenvolverase ata finais destes mes na aula polivalente da Casa Dopeso.

Esta iniciativa conta coa homologación da Fundación do Metal para a Formación, Cualificación e o Emprego, e ao igual que o curso de prevención de riscos que remataba o pasado xoves, ten como obxectivo proporcionarlles aos asistentes os coñecementos, habilidades e actitudes relacionadas co día a día nas empresas adicadas ao sector do metal.